Antonio Fraguas naceu en Loureiro, Cotobade, en 1905. Alí tivo unha infancia feliz, rural, coma tantos nenos da época. Un rapaz curioso, alegre e vital. Cando estudaba o bacharelato as cousas comezarían a cambiar. Un día o catedrático de debuxo enfermou e foi a substituílo alguén que marcaría profundamente o mozo Antonio.
En efecto, Castelao deulle clase durante o bacharelato en Pontevedra ao igual que outro ilustre galeguista: Antón Losada Diéguez. Para Fraguas Castelao era moito máis ca un profesor de debuxo: un amigo e un referente e, en máis dunha ocasión, manifestou que o seu saúdo xa era para el algo “colosal”.

©De las ilustraciones: Agencia Player, 2019