María Victoria Moreno naceu no 1939 en Valencia de Alcántara, unha pequena vila da provincia de Cáceres no límite con Portugal e Badaxoz. Filla dunha mestra e un avogado, era a maior de catro irmáns e tras uns primeiros anos de vida en Segovia, onde a súa nai era mestra en Sepúlveda, o seu pai morreu. A familia quedou nunha precaria situación económica e grazas a unha beca trasladouse a estudar o bacharelato no colexio Virgen de la Inmaculada de Barcelona, onde aprendeu francés e catalán e no que leu por primeira vez dúas obras que serían referenciais na súa vida: O Quixote, de Cervantes, O Principiño, de Saint Exupery.

©De las ilustraciones: Agencia Player, 2019